Este
verán non se pecharán camas de hospitalización psiquiátrica na
Área Sanitaria de Santiago. A
intención de facelo estaba reflexada no Plan
de continxencias elaborado pola
Xerencia da Área e que foi coñecido extraoficialmente, moi ó pesar
da Dirección, pol@s traballador@s de saúde mental. O Movemento
Galego da Saúde Mental (MGSM)
manifestouse radicalmente oposto a el, desenvolvéndose diversas
accións nestes días protagonizadas polo colectivo profesional.
Finalmente,
o pasado venres, a Xerencia comunicou directamente a unha
representación de traballadoras, que o peche anunciado de 15 camas
psiquiátricas, non ía ter lugar.
É
unha moi boa nova. É motivo de satisfacción e orgullo para os
profesionais que se mobilizaron na defensa dos dereitos asistenciais
sanitarios dos cidadáns, da sanidade pública, dos recursos de
asistencia á saúde mental e dos dereitos d@s traballador@s.
Outra
vez -como cando o ano pasado se freou o plan de peche da Unidade de
Hospitalización Psiquiátrica do Hospital Gil Casares-, foron a
unidade, a actitude decidida, o esforzo e a conciencia de estar na
razón e no dereito defendendo o que é de toda a poboación, o que
fixo que os nosos xestores abandonaran un plan elaborado como
consecuencia dos recortes que se están a sufrir nos servizos
públicos. Fronte a este xeito da Consellería de Sanidade de
respostar á crise, contrapuxemos a loita decidida, firme e unitaria
d@s traballador@s para evitalo.
Sen
embargo, durante os días nos que se mantiveron a incertidume pola
ameaza de peche de camas e as accións do colectivo de profesionais
para remedialo, ocurreron feitos extremadamente graves na Área de
Saúde Mental do CHUS, por parte do Xefe de Servizo , que atentan
contra a liberdade de expresión ó adicarse a arrincar carteis e
pancartas elaborados polos traballador@s con lemas de protesta contra
os recortes e o peche de camas. Estes feitos foron postos en
coñecemento dos responsables do Complexo Hospitalario de Santiago a
través dos procedementos administrativos previstos para tal efecto.
Desde
o MGSM valoramos como conduta grave, daniña para a convivencia,
lesiva para os dereitos fundamentais e laborais, e inaceptable nunha
sociedade democrática, a actitude que durante o conflito tivo o Xefe
de Servizo de Psiquiatría do CHUS, por considerala incompatible co
desenvolvemento da súa función. É obriga de tod@s impedir que
estas condutas se produzan impunemente na sanidade pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario